O CASTELO DE MONTERREI. O QUE NOS VENDEN E A REALIDADE

O QUE NOS VENDE A XUNTA  (Feijoo, 20 de febrero do 2014)

 

A REALIDADE

 

«Renovamos o noso compromiso cunha das nosas riquezas culturais máis importantes, abríndoo en parte ao uso hoteleiro por parte de Paradores de España».

 

 

A cesión do Castelo de Monterrei do Goberno de España á Xunta de Galicia impón como condicións o  uso público, restauración, conservación e usos culturais e divulgativos da comarca. Non está contemplado o uso hoteleiro
A Xunta asegura que o hotel en Monterrei suporá unha mellora “cualitativa e cuantitativa da oferta” cun “centro hoteleiro de referencia que permitirá captar máis visitantes e novos segmentos de público, e que da resposta á necesidade obxectiva nesta zona” A oferta hoteleira de Verín e a súa comarca é de 652 prazas, segundo o Concello. Delas, 45 correspóndense co actual Parador de Verín, que en 2013 por suposta falta de demanda estivo ao borde do peche.

A presión dos traballadores e veciños logrou limitar o peche a catro meses ó ano. O novo hotel, ademais, tería que competir co propio parador si finalmente se confirma o seu paso a mans privadas.

Feijoo destacou na presentación que se trata dunha iniciativa importante para o emprego. As persoas que traballan no parador terán garantido o seu posto de traballo e “serán máis estables”

 

No parador de Verín traballaban antes da ameaza de peche e o ERE 23 persoas para atender 23 habitacións. O parador proxectado en Monterreitería 12 habitacións. As contas non cadran.
Unha das prioridades que apuntou a Xunta é que o castelo seguirá sendo público na súa totalidade.

 

Si o hotel sae adiante, a zona adicada a habitacións restrinxirá e limitará parte da visita dos turistas ó edificio do castelo de Monterrei, un ben público de todos. Si agora plantexan a privatización do Parador ¿qué garantías hai de que no futuro non se repita co Castelo?
O proxecto garante, segundo Feijoo, “rendibilidade, riqueza e emprego”. Paradores recoñeceu no ano 2012 unha caída do índice de ocupación do 70% ó 50% en toda a rede e unhas perdas acumuladas a 2011 de 77 millóns de euros.
O proxecto do hotel servirá para poñer en valor un ben cultural fundamental para Galicia. As obras de restauración, arrastradas dende 2008, foron adxudicadas en outubro de 2013 por 1,4 millóns de euros, un 80% financiado por fondos europeos. Na rehabilitación non se inclúen plans dun hotel. Esa idea foi engadida despois, en decembro cando se adxudicou a redacción do proxecto para un hotel

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s