Encontrámonos no cruceiro o 15/03/14

O sábado 15/03 encontrámonos no cruceiro do Castelo de Monterrei para acordar accións que levaremos a cabo como  plataforma e reforzar algúns aspectos organizativos castelo 15-03-2

Asistiron unhas 100 persoas, despois de comentar a situación actual e explicar a denuncia posta o día 14/03/14  polos danos provocados polas obras no Castelo de Monterrei, aprobáronse os seguintes puntos:

Distribución de funcións entre membros da plataforma e reforzo dalgunhas áreas que necesitan máis apoio:

Dúas personas ocúpanse dos temas de patrimonio, un avogado leva as cuestións xurídicas, dúas persoas levan o blogue (http://castelodemonterrei.wordpress.com ) e as comunicacións oficiais da plataforma en facebook, e unha periodista ocúpase da relación ca prensa e os medios de comunicación.

-Apróbase a imaxe e o lema  da plataforma: deseño da silueta do Castelo en branco sobre fondo negro, co lema “Eu non quero… hotel no Castelo” (deseño utilizado nas pegatinas impresas para o entroido)

Local para a plataforma: Un veciño da comarca cede un local á plataforma, e un voluntario da plataforma ocuparase de que alomenos unha hora ó día este aberto.

-Material: Farase novo material: pegatinas , carteis e camisetas e chapas (estas dúas para vender) É necesario facer un novo chamamento para que a xente colabore económicamente na conta creada para tal fin: IBAN: ES03 2100 4148 2322 0011 7298

-Recollida de sinaturas: Recolleranse sinaturas por escrito en diferentes puntos informativos . O texto que se utilizará para o buzoneo e para informar xunto coa recollida de sinaturas é o texto publicado anteriormente que compara o que di a xunta e a realidade.

-Canais informativos: Informarase polos seguintes canais: romería, posto na feira, buzoneo,carteis, andainas, medios de comunicación e redes sociais en internet.

-Grupos de traballo: As persoas que queiran formar parte dos grupos de traballo, poden enviar unha mensaxe privada  a https://www.facebook.com/defensa.docastelo (perfil oficial da plataforma) cos nomes e teléfonos das persoas que queiran colaborar e contactaráse con eles a medida que sexa necesario.

-Obxectivos a corto prazo: facer unha manifestación  no prazo dun mes e medio aproximadamente, tendo en conta que antes é necesario facer unha labor informativa, que se levará a cabo en diferentes accions como: andainas informativas (con camiseta da plataforma), romaría que comece en diferentes pobos da comarca e conflúa no Castelo.

O ambiente que se respirou durante este encontro foi de ilusión e colaboración. Hai moitas propostas alternativas ó proxecto do hotel no Castelo,  rematou a tarde cun berro común, á beira do Castelo, un berro emocionante e cheo de ganas….

EU NON QUERO UN HOTEL NO CASTELO!!

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s