CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA DEFENSA DO CATELO DE MONTERREI

Necesitamos o vosos apoio para facernos oír e que toda Galiza saiba o que está a pasar co noso Castelo. Esperámosvos!

Necesitamos o vosos apoio para facernos oír e que toda Galiza saiba o que está a pasar co noso Castelo.
Esperámosvos!

 

NOTA DE PRENSA PLATAFORMA EN DEFENSA DO CASTELO

CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA POR UN USO PÚBLICO E CULTURAL                                            DO  CASTELO DE MONTERREI      

                                  MÉRCORES 21 DE MAIO ÁS 19 HORAS

                  PRAZA DAS PRATERÍAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

          A Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei infórmalles que o vindeiro mércores 21 de maio ten prevista unha concentración ás sete da tarde na Praza das Praterías de Compostela para reivindicar un uso público e cultural do Castelo de Monterrei e manifestar o malestar da comarca cos plans da Xunta de Galicia. A concentración celébrase baixo o lema “Por un uso público e cultural do Castelo de Monterrei” e, no transcurso da mesma, a actriz Rocío González mailo actor Toni Salgado lerán un manifesto en representación de todas as persoas que integramos esta plataforma.

O Castelo de Monterrei, considerado Ben de Interese Cultural (BIC), é un monumento de propiedade estatal, que lle foi cedido gratuitamente á Xunta en 2010 por parte do Goberno central para o seu uso como “centro de divulgación, innovación e promoción da moda, o viño e as augas medicinais da comarca”, como se especifica no propio documento de cesión, no que tamén se contempla a “restauración e musealización dos edificios e arquivo das tradicións da fronteira e dos pobos próximos”. Porén, o proxecto no que o Goberno galego leva meses traballando é moi distinto.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou –o pasado febreiro- o traslado das instalacións hoteleiras do Parador de Verín –situado a apenas 300 metros do Castelo- ao interior da que, a día de hoxe, é considerada unha das acrópoles medievais máis grandes e mellor conservadas do noso país. Desde entón, constituímonos como plataforma cidadá, sen ningún tipo de afiliación política, para reclamarlle á Xunta que saia do seu escurantismo e aclare cal é o seu plan para o castelo. Un plan que consideramos manifestamente ilegal, xa que contravén o propio acordo de cesión do Goberno central.

A intención da Xunta é inxustificable, ademais, desde o punto de vista da racionalidade económica e da busca do ben común. O Parador de Verín, aberto na década dos sesenta, é un dos máis deficitarios do Estado. De feito, nos últimos meses, o Goberno tivo a intención de pechalo por falta de ocupación. Finalmente, e dada a presión das e dos seus traballadores, tomouse a decisión de manter as instalacións abertas unicamente catro meses ao ano, coincidindo cos maiores picos de visitantes na comarca. Desde a plataforma, consideramos que a oferta turística en Verín e na contorna é abonda e que, se algún turismo é viable na nosa comarca é o rural, non o que demanda un hotel de luxo que ofrecerá, ao máis, 12 habitacións. Denunciamos ademais que, trala súa reconversión en hotel, o Castelo de Monterrei pasará de ser visitable na súa totalidade a, unicamente, quedaren accesibles arredor dun 10% das instalacións do conxunto, xa que o resto será de uso exclusivo para a clientela do hotel.

De igual xeito, as obras de restauración que se están levando a cabo son, ao noso ver, un exemplo claro de uso de fondos públicos para beneficio privado, xa que o 80 por cento están financiadas con fondos europeos FEDER. Estas obras deron pé, ademais, a unha denuncia da Plataforma diante dos xulgados –que xa foi admitida a trámite- polos danos que a maquinaria está a ocasionar no conxunto, declarado Ben de Interese Cultural. A plataforma leva recollidas tamén máis de 6.000 sinaturas entre a veciñanza de Monterrei e o resto do país e máis de 2.500 a través de Change.org en contra da construción do hotel.

Por todo isto, a Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei fai un chamamento á cidadanía compostelá para que o vindeiro mércores se sume ás nosas reivindicacións e á demanda dun plan que teña en conta a vontade popular e que preserve e garanta o uso público e cultural da fortaleza. O Castelo de Monterrei é, para nós, veciñas e veciños, un símbolo, un emblema esencial da paisaxe sentimental e visual de quen vivimos ás beiras do río Támega. Queremos que todas as persoas da comarca e visitantes, á marxe da súa condición, poidan seguir recoñecéndose nesta fortaleza do século XII que, pola súa pegada na historia da zona, debera ser patrimonio de todas e de todos.

Queremos amosarlles o noso agradecemento de antemán
Verín, 20 de maio do 2014

Máis información no blogue: https://castelodemonterrei.wordpress.com

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s