ACTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A DEFENSA DO CASTELO DE MONTERREI

Para que aos que fostes a Santiago o pasado 21 de Maio non se vos esqueza ningún detalle dos momentos tan emocionantes que vivístedes, e para os que non puidestes ir e que vos gustaría saber o que alí pasou e sentir esas emociós máis preto, neste artigo poderedes ter toda esa información.

Oxalá nos contaxiemos da enerxía e amor polo noso Castelo que alí se desprendeu e esto nos dea aínda máis forza para continuar ca nosa loita por conseguir un uso público e cultural do noso Castelo.

Santiago 3

 

                     CRÓNICA DUN DÍA MEMORABLE PARA OS DEFENSORES DO CASTELO
         Este mércores, 21 de maio, a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei realizou unha concentración na Praza de Praterías en Santiago para seguir amosando a súa oposición a construción dun hotel no recinto da fortaleza e esixir que esta se rehabilite para uso público ecultural. Ademais, a Plataforma denunciou o escurantismo con que a Xunta de Galicia está levando a cabo todo o proceso, cunha absoluta falta de trasparencia de cara a opinión pública, e o uso de fondos públicos (fondos FEDER incluídos) para beneficio privado.

          Máis de 100 persoas desafiaron a intensa choiva que caeu sobre Compostela, e ‘molláronse’ por un patrimonio cuxa importancia transcende á comarca onde se asenta.

          Entre os asistentes destacaba a veciñanza da comarca de Monterrei que se achegou a Compostela, e moitos composteláns que amosaron o seu apoio. Caras coñecidas da política como Ana Pontón, Rubén Cela, Encarna Otero ou Raúl Fernández; e representantes de movementos sociais, como a Plataforma ‘Querémoslle ao parque de Galeras’ ou colectivos feministas.

          O acto, amenizado polo grupo musical ‘Os martes ás sete’ comezou cunha actuación de dous actores do grupo de teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada (Avelaíñas Teatro), que fixeron emocionar aos presentes cunha representación alusiva á importancia da conservación e valorización do noso patrimonio cultural e natural. Posteriormente, tres actores Toni Salgado, Alberto Rolán e Rocío González, dous deles da bisbarra de Monterrei, leron un manifesto onde se fixo fincapé na importancia do castelo, como monumento e elemento fundamental da paisaxe sentimental dos veciños, nas actuacións levadas a cabo ata o momento pola Plataforma e no vínculo existente entre a loita polo castelo e outras mobilizacións desenvolvidas no país para rexeitar as agresións cometidas contra o noso acervo natural e cultural.

Entre berros de ‘Eu non quero hotel no castelo’ e ‘Un castelo para todas e todos’ os asistentes deron por finalizado o acto coa firme convicción de continuar traballando para evitar, que o castelo de Monterrei, sexa outra vítima máis da febre privatizadora que menoscaba o noso benestar persoal e colectivo.

·Premendo no seguinte enlace poderedes ler o texto que representaron os actores Xosé Eixo e José Luis Leal do grupo Avelaíñas Teatro e que logo volveuse representar coa colaboración de todos os asistentes divididos en dous grupos.

UN CASTELO PARA TODAS – TODOS

Vídeo :

 

Avelaíñas teatro           ·Este é o manifesto que leron os actores da nosa bisbarra Toni Salgado e Alberto Rolán acompañados pola actriz Rocío González: Manifesto 21 Maio

Manifesto Stgo          · Para rematar, dar as grazas a todos/as os/as que vos achegástedes ata alí, así como a todos os que colaboraron para que o acto fose tan emotivo e estivese tan ben organizado, e sobre todo para que as nosas reivindicacións chegasen máis alá da nosa bisbarra.

         Contamos con todos vós para os seguintes actos da Plataforma nos que xa estamos traballando.

                                  EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!

COLLAGE STGO

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s