NOTA DE PRENSA ENVIADA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN RELACIÓN ÁS OBRAS DO CASTELO

11/06/2015

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei manifesta a súa indignación ante o resultado das obras levadas a cabo no castelo de Monterrei para habilitalo como hotel

A Plataforma, desde antes de comezar as obras, opúxose radicalmente ao cambio de uso do principal elemento patrimonial da comarca de Monterrei. Sempre consideramos que o proxecto é un disparate, un atentado cultural que empobrece á cidadanía e, ademais, sen ningún dato obxectivo que xustifique a súa rendabilidade futura. A nosa opinión é compartida por numerosas institucións culturais galegas, pola gran maioría dos partidos políticos e polos habitantes da comarca, como se reflicte nos resultados das recentes eleccións municipais. Só o PP apoia o hotel no Castelo e aínda non sabemos por que.

E a nosa indignación medrou aínda máis comprobando como as obras se realizaron sen ningún respecto ao monumento, esnaquizando partes importantes do mesmo, e o resultado final, que, en palabras de Ramón García Gómez (profesor de Dereito Civil na Universidade de Salamanca, avogado, especialista e investigador de fortalezas) supón ‘el mayor y más infamante desprecio al Arte y a la Historia’. Tiñamos unha das mellores forlalezas de Galicia e hoxe temos un hotel vulgar, como di García Gómez: ‘una de las mayores catástrofes en la Historia del patrimonio en las últimas décadas’.

A gran alarma social na comarca prodúcese ao ver como se perde a  esencia do Castelo, a sua identificación con él. Son reversibles estas obras (como se anunciaba no proxecto) nas que se alterou gravemente a sua fisonomía, autenticidade, integridade e lectura histórica?

E máis grave aínda é que son as administracións públicas as responsables desta desfeita, incumprindo a súa obriga legal de protección do patrimonio cultural de Galicia.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O cemento da entrada e do patio de armas é o símbolo da ignorancia e o desprezo pola cultura e a historia da Xunta de Galicia. Rebeca Blanco Rotea, especialista en Arqueoloxía da Arquitectura, investigadora, membro do Consello da Cultura Galega, manifesta así o que sentiu cando visitou estes días o Castelo: ‘Onte sorprendíame a imaxe do camiño de acceso ó Castelo de Monterrei chairo e cementado. Nese momento asaltábame unha pregunta: que pensarían a cidadanía e os xestores patrimoniais se cementaran e alisaran o acceso ó Hostal dos Reis Católicos?’

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Tristura e rabia é o que sentimos os veciños de Monterrei ante a agresión sufrida a nosa identidade secular, a nosa paisaxe sentimental e material, consecuencia dunha decisión irracional, avalada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A elegante beleza da Torre das Damas estragada co cuberto engadido que sobresae das almeas e rompe radicalmente o perfil da fortaleza, o abandono do entorno inmediato do castelo, coas casas en ruínas e invadido polas herbas e as silvas o espazo entre murallas, e o cemento agochando as pedras e a terra.

Tamén queremos lembrar que hai recursos xudicias sen resolver, que poden ilegalizar o hotel, o que suporá un novo malgasto do diñeiro público.

Pedímoslle ás autoridades que rectifiquen, que escoiten á cidadanía e pensen no ben común, como é a súa obrigación, porque senón, como di Blanco Rotea: ‘Estes cambios pesarannos moito co tempo, tanto como o cemento que levan enriba’.

 

*Adxuntámos ademais as declaracións completas dos expertos Ramón García Gómez (profesor de Dereito Civil na Universidade de Salamanca, avogado, especialista e investigador de fortalezas) e Rebeca Blanco Rotea, especialista en Arqueoloxía da Arquitectura, investigadora, membro do Consello da Cultura Galega dando a súa opinión sobre as obras no Castelo:

Ramón García Gómez (profesor de Dereito Civil na Universidade de Salamanca, avogado, especialista e investigador de fortalezas) “El mayor y más infamante desprecio al Arte y a la Historia”. “La salvaje destrucción del Patrimonio histórico de Galicia”. Una cosa es clara: estamos ante una de las mayores catástrofes en la Historia del patrimonio en las últimas décadas, alentado por una Administración Pública que, en aras de mercantilizar un bien de interés cultural, abandona sus obligaciones legales, tal y como le recuerda el art. 2 de la Ley 8/1995, de 30 de octubre, de Patrimonio cultural de la Comunidad Autónoma de Galicia, según el cual su objeto es la protección, conservación, acrecentamiento, difusión y fomento del patrimonio cultural de Galicia, así como su investigación y transmisión a generaciones futuras. Ni protección, ni acrecentamiento ni fomento. El cemento de Monterrei es una especie de lápida a mayor gloria de la Xunta y de todos aquellos que están empeñados en hacer desaparecer a Monterrei de la Historia. La mayor barbaridad de los tiempos modernos”

Rebeca Blanco Rotea, especialista en Arqueoloxía da Arquitectura, investigadora, membro do Consello da Cultura Galega: “Onte sorprendíame a imaxe do camiño de acceso ó Castelo de Monterrei chairo e cementado. Nese momento asaltábame unha pregunta: que pensarían a cidadanía e os xestores patrimoniais se lles cementaran e alisaran o acceso ó Hostal dos Reis Católicos? Igual os tacóns o agradecen, pero o patrimonio non. Cada vez esquecemos máis que os monumentos non son iconas illadas na paisaxe, teñen un contexto, as arquitecturas, os camiños, a contorna… forman parte deles. Estes cambios pesarannos moito co tempo, tanto como o cemento que levan enriba.”

lavozlaregionfaropraza

A continuación as ligazóns dos artigos completos: La Voz de Galicia La Región Faro de Vigo Praza pública

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s