QUÉN SOMOS
Somos un grupo de persoas da comarca de Monterrei, organizadas nunha plataforma cidadá, sen vinculación algunha con partidos políticos nin sindicatos.
O NOSO OBXECTIVO
O noso obxectivo é conseguir para o Castelo de Monterrei , un USO PÚBLICO E CULTURAL, como foi sempre, polo tanto opoñémonos á construcción dun hotel de luxo no castelo.
POR QUÉ NON QUEREMOS UN HOTEL NO CASTELO
1.‐ Porque o castelo é ó maior simbolo cultural e patrimonial da comarca, unha herdanza
común para o seu disfrute público e o acceso á cultura de tódolos cidadáns
2.‐ Porque xa existe un excelente Parador de Turismo a menos de 500 m. do castelo, que
cumple as expectativas de aloxamento da zona, e que está pechado varios meses ó ano por
falta de clientes.
3.‐ Porque o castelo é un Monumento Nacional con categoría de BIC, pertencente ó Estado e cedido á Xunta de Galicia, cunhas condicións de uso culturais, nas que non se permite o uso hoteleiro.
QUÉ PROPOÑEMOS
Propoñemos un uso social, cultural e lúdico para a totalidade do recinto do Castelo: musealización dos edificios máis singulares, museo da comarca no pazo dos Condes, salón de actos e exposicións, auditorio, representación de tódolos recursos económicos e turísticos da comarca nas casas do pobo de Monterrei, con actividades promocionais, turísticas e lúdicas ao longo do ano.
ACTIVIDADE
• Para conquerir o noso obxectivo, estamos desenrolando diferentes actividades:
• Recollida de sinaturas en papel e en internet por medio de Change.org
• Andainas informativas polos pobos da Comarca e presencia en todo tipo de eventos
comarcais
• Asesoramento xurídico e técnico en temas patrimoniais
• Presencia nos medios de comunicación
• Presencia nas redes sociais
• Cartelería e marketing
SE QUERES COLABORAR:
- Económicamente: podes aportar o teu donativo (por pequeno que sexa, será de gran axuda) no nº de conta de LA CAIXA, en Verín: IBAN: ES03 2100 4148 2322 0011 7298
- Asinando en apoio da plataforma 9 Acudindo ó local que a plataforma ten nasGalerías Centro, C/Galicia, en Verín, para colaborar nalgún dos grupos de traballo que estamos organizando
- Informando aos teus veciños e coñecidos da situación do castelo, fala, explica, comparte información.
PRESENCIA NAS REDES SOCIAIS: CONSULTA AS NOSAS PÁXINAS EN INTERNET
https://www.facebook.com/groups/589044114520822/
https://castelodemonterrei.wordpress.com/
https://www.facebook.com/defensa.docastelo