Documentación

FalloFallo sentenza

19/03/2015

DECLARACIÓN DE APOIO DOS GRUPOS POLÍTICOS AO USO CULTURAL DA FORTALEZA DE MONTERREI
Os abaixo asinantes, en representación dos partidos políticos galegos, comprométense a traballar, apoiar e tomar todas as medidas posibles no seu ámbito de competencia para:
– Recuperar a fortaleza de Monterrei para uso público e cultural, rexeitando o uso hoteleiro que pretende darlle o Goberno da Xunta de Galicia.
– Adicar o castelo a fins culturais e de promoción turística da comarca de Monterrei, tal e como se recollía no contrato de cesión asinado pola Xunta e o Estado central no ano 2010.
– Desenvolver as actuacións necesarias para conservación e posta en valor do monumento recollidas no Informe do Consello da Cultura Galega e nos escritos das Facultades de Historia das Universidades de Santiago e Vigo, redactados a instancias da Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei:
– Protección legal máxima para todo o conxunto, que dado o seu valor patrimonial e singularidade, precisa dunha figura de protección que redunde no estudo, conservación e difusión da zona, polo que debe ser clasificado como Conxunto Histórico.
– Redacción e desenvolvemento dun Plan Director co obxectivo de por en valor toda a acrópole, incluíndo as casas particulares e o espazo entre murallas, reservando o castelo para uso cultural e lúdico.
– Creación dun Padroado coa participación das autoridades, institucións educativas-culturais e asociacións cidadáns que promova a posta en valor e supervise a xestión do monumento.
– Redacción dun Plan de Rehabilitación e adecuación dos espazos edificados e naturais coa necesaria dotación orzamentaria, que faga da acrópole un espazo atractivo para o lecer e a aprendizaxe da cidadanía.
– Promoción dos valores culturais e turísticos do recinto de Monterrei, conectándoos a outros moitos existentes na comarca, co obxectivo de fomentar as visitas turísticas e educativas.

En Monterrei, a 21 de marzo de 2015

25/02/2015

A facultade de Historia da Universidade de Vigo tamén rexeita oficialmente o Parador no Castelo de Monterrei

Nun escrito remitido á Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei pide a paralización das obras no Castelo, e ademais, entre outras cousas, que se cree un Padroado coa participación das autoridades, institucións educativo-culturais e asociaciós cidadás que promova a posta en valor e supervise a xestión do monumento. A Facultade de Historia da Universidade de Vigo tamén amosa a sua disposición para a colaboración ben sexa a través de convenios marco, ou ben convenios de cooperación.

UVigo foto

Documentos:

Plataforma Cidadá Defensa Castelo Monterrei UVigo

9/12/2014

Documento enviado pola Universidade de Santiago de Compostela onde manifestan o apoio ás reivindicacións da Plataforma.

apoio USC

14/11/2014

Solicitude de reunión con Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura

Solicitude reunión con Ramón Villares Paz Presidente do Consello da Cultura24/10/2014

RESPOSTA DO VALEDOR DO POBO

En relación coa queixa presentada perante o Valedor do Pobo por membros da Plataforma, chegouno un escrito desa Institución que informa de ter recibido o Informe solicitado á Axencia de Turismo de Galicia. O escrito do Valedor consta de 21 páxinas onde nos remite copia da documentación aportada pola Axencia e, o máis importante, formula unha serie de consideracións á Axencia de Turismo e requírelle información complementaria.

Resumimos aquí os aspectos máis importantes destes apartados do escrito, onde cremos que se recollen moitas das dúbidas e denuncias da Plataforma, se ben cun tono distinto, como é lóxico.

CONSIDERACIÓNS

4. A Axencia de Turismo non informa sobre cales son os estudos de viabilidade do cambio de uso nin os datos obxectivos polos que se avaliou a conveniencia de adicar parte dos edificios a un uso hoteleiro e, xa que logo, restritivo de calquera outra utilización. Eses estudos deberon levarase a cabo nun tempo extremadamente breve pois con data do 25 de outubro (do 2013) o órgano de contratación xa autorizara o expediente do contrato para a redacción do novo proxecto. É necesario informar sobre o procedemento seguido para avaliar a oportunidade deste cambio. (…) Hai que poñer de manifesto que tanto a renovación construtiva como a funcional existían xa no primitivo proxecto de rehabilitación.

Neste sentido, existe unha evidente contradición nos dous termos empregados no informe: un uso exclusivo cultural/monumental é, por definición, único, e exclúe calquera outro uso complementario. (…) A Axencia parece compartir a decisión da Empresa Pública Paradores de renunciar á rehabilitación do actual parador porque precisa dun importante investimento público para o seu arranxo dado o seu deterioro, ao considerar que ten escaso interese turístico. Porén, pretende beneficiarse dunha rehabilitación acometida con fondos propios da Xunta de Galicia (o novo proxecto finánciase cos orzamentos da Axencia, ao ter que prescindir das axudas europeas), xa que a condición para modificar o uso do complexo monumental é a súa gratuidade e sen dereito a percibir ningún tipo de compensación económica pola cesión. (…) Cómpre tamén aclarar cales son as vantaxes desta operación para a Xunta de Galicia ao financiar integramente unha obra para ceder gratuitamente a súa explotación.

6. (…) debe explicarse a decisión administrativa de contratar e adxudicar ao estudo de arquitectura o proxecto complementario de rehabilitación da Fortaleza de Monterrei para o seu acondicionamento hoteleiro antes de ser autorizado ese uso, xa que non se aprobara aínda polo ministerio competente a ampliación de usos sobre os previstos na cesión inicial. Esta ampliación leva data do 27 de xuño de 2014. Esta actuación afástase do procedemento que debe ser seguido nestes casos e non parecen existir motivos de urxencia ou defensa do interese xeral para facelo doutro xeito.

7. O mesmo apartado 3º do Informe parece situar o interese turístico no aloxamento en si, ao afirmar que o Parador de Verín tiña escaso interese turístico para os visitantes e por iso proponse cambialo ao castelo. (…), é necesario explicar o fundamento deste importante investimento público en estudos técnicos e económicos que acrediten o seu impacto na dinamización da comarca.

8. Finalmente, hai que salientar que non se achega información sobre o grao de desenvolvemento do proxecto técnico relativo ao usos primitivos. Non parece lóxico que de de prioridade as obras de acondicionamento para uso hoteleiro complementario e non se informe sobre os proxectos de reorganización dos espazos culturais (…)

(…)

(…) cómpre garantir o escrupuloso respecto aos fins inicialmente autorizados (dos que se derivaba o libre acceso ao recinto e aos edificios), o que só pode levarse a cabo pola redacción dun proxecto que tome en consideración todas as cautelas e limitacións sinaladas na autorización da D.X. de Patrimonio Cultural e desenvolva de forma concreta os seus usos iniciais culturais, divulgativos, etnográficos e museísticos. Esta é a mellor proba e garantía de que o 83% da superficie edificada e a totalidade da superficie sen edificar da fortaleza será visitable.

Polo tanto, se solicita á Axencia de Turismo de Galicia información complementaria sobre os seguintes puntos:

– cales foron os estudos técnicos e económicos sobre os que se tomou a decisión de modificar o uso do complexo monumental.

– por que razón se iniciou o expediente de contrato de servizos (como Parador) e se adxudicou a obra sen ter autorizado ese uso, ao non darse, segundo parece, ningún motivo de urxencia.

– cales son as vantaxes económicas de acometer a contratación e financiar integramente a rehabilitación de parte dos inmobles para seren cedidos gratuitamente e sen dereito a percibir ningún tipo de compensación económica pola cesión.

– cal é o grao de execución das obras definidas no primitivo proxecto básico e de execución de rehabilitación e adecuación (do castelo), para adecualo aos fins inicialmente autorizados e que son, en todo caso, preferentes; e se incorpóranse ao proxecto todas as cautelas e limitacións establecidas nas dúas autorizacións da D.X. de Patrimonio Cultural.

– como se vai articular unha xestión unitaria do conxunto monumental, expresamente establecida na orde ministerial de 27 de xuño de 2014, ao ceder a explotación ou xestión de parte dos inmobles a outra administración.

15/10/2014

INFORME DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA: USOS DO CASTELO DE MONTERREI (OURENSE): 2014_informe-monterrei Consello daCultura

5/08/2014

CARTA ENTREGADA AO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA D. ALBERTO NUÑEZ FEIJOO

Á atención do excelentísimo señor D. Alberto Ñúñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e Secretario Xeral do PP de Galicia:

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO CASTELO DE MONTERREI, expón:

A construción dun hotel na parte central da fortaleza de Monterrei priva aos cidadáns dun elemento patrimonial de primeira categoría: a principal acrópole de Galicia, símbolo paisaxístico e sentimental dos habitantes da comarca.
Destinar fondos da Xunta para a construción do hotel supón utilizar o diñeiro de todos para beneficio duns poucos. Os galegos e galegas terán o acceso vedado aos espazos máis importantes do castelo e desaproveitarase o pagado por todos cos seus impostos, sen ningunha razón social ou económica que o xustifique.
Trasladar o Parador ao castelo supón o abandono do edificio actual (tamén público) sen ningunha garantía de que iso evite o seu peche nun futuro próximo. A rendibilidade do hotel no castelo é máis que dubidosa, e non se coñece ningún estudo económico que a xustifique.
Todo o proceso, desde a propia decisión de construír o hotel ata o cambio de uso, tense desenvolvido de xeito pouco claro, incumprindo as regras básicas de transparencia esixibles a unha Administración democrática. Semella que máis que adaptarse o proxecto á lexislación vixente, forzouse esta para legalizalo. O fin xustifica calquera medio, nunha actuación contrario aos principios básicos das institucións representantes da soberanía popular.

Por todo o exposto anteriormente a Plataforma pola defensa do Castelo de Monterrei pide:
Que garanta o dereito de toda a cidadanía galega a visitar e gozar do Patrimonio cultural herdado sen máis límite que a conservación do castelo.
Que os fondos da Xunta destinados ao hotel se adiquen, como estaba previsto en principio, á rehabilitación e mellora do castelo e do espazo fortificado que o rodea. Só así se beneficiaría ao conxunto da cidadanía, facendo da acrópole un lugar atractivo para os turistas, gañando clientes para o actual Parador e dinamizando a economía da comarca.
Que facilite a creación dunha Comisión de Investigación no Parlamento de Galicia que analice todo o proceso, desde que se decidiu o cambio de uso, para garantir o cumprimento da legalidade, e para que os cidadáns e cidadás teñan unha información veraz.

E solicita, do presidente da Xunta, e de todos os galegos, un diálogo fluido coa Plataforma, materializado nalgunha reunión con quen estime oportuno, que despexe as nosas dúbidas e preguntas, sen respostar a día de hoxe.

Atentamente:

A Plataforma cidadá pola defensa do Castelo de Monterrei

En Monterrei, a 5 de agosto do 2014

14/06/2014

CESIÓN DO CASTELO DE MONTERREI (Do Estado á Xunta de Galicia, 2010)
Condición resolutoria da inscrición rexistral no Rexistro da Propiedade de Verín.

CONDICIÓN RESOLUTORIA

La totalidad de esta finca se encuentra gravada con una CONDICIÓN RESOLUTORIA, a favor del EstadoEspañol, en concepto de: CONDICIÓN RESOLUTORIA, CONDICIÓN RESOLUTORIA a favor del ESTADO para el caso de incumplimiento de lo pactado en el título adquirido, en los términos siguientes: Si los bienes no fueran destinados al uso previsto, es decir, con destino a centro de divulgación, innovación y promoción de la moda, el vino y las aguas medicinales de la comarca, restauración y musealización de los edificios y archivo de las tradiciones de la frontera y pueblos próximos, en el plazo de tres años, o dejara de destinarse posteriormente, se considerará resuelta la cesión y revertirá al Estado, integrándose en su Patrimonio con todas sus pertenencias y accesiones sin derecho a indemnización, teniendo el Estado derecho, además, a percibir de la Comunidad Autónoma, previa Tasación pericial, el valor de los detrimentos o deterioros experimentados por los mismos. A estos efectos la cesionaria deberá remitir a la Delegación de Economía y Hacienda, a los tres años contados a partir de la formalización de la cesión gratuita y posteriormente cada cinco años, la documentación que acredite el destino de los bienes cedidos.

Se hace constar que no están incluídas en el acuerdo de cesión, que en este documento se formaliza, las edificaciones particulares enclavadas dentro del recinto del castillo, que constituyen la llamada Villa de Monterrey. Las citadas fincas particulares son veintiuna casas, viviendas de vecinos, Ayuntamiento, Iglesias Parroquial, Hospital de Peregrinos y Capilla en ruinas, Iglesia de San Juan en ruinas, Cárcel en igual estado y ruinas del convento de San Francisco. No hay documentos pendientes de despacho.

09/06/2014 Preguntas orais que a Deputada Carmen Iglesias do G.P. Mixto ven de presentar no Parlamento de Galicia para a súa resposta oral na Comisión 4ª de Educación e Cultura: Preguntas Grupo Mixto

04/06/2014  Documento da apobación polo Concello de Monterrei da licenza para a rehabilitación da fortaleza de Monterrei como Parador Nacional:  licencia hotel

04/06/2014 Informe xurídico da licenza para a rehabilitación da fortaleza de Monterrei como Parador Nacional: Informe xurídico licencia hotel

Folleto informativo sobre a plataforma:

folleto informativo extendido (pdf)   folleto

10/04/2014 Resposta da plataforma ás mentiras verquidas na prensa por parte da Xunta e o Concello de Monterrei

Inspección concello monterrei febreiro 2014

23/03/2014 Comezamos a recollida de sinaturas en papel.  Pódese descargar o documento de recollida de sinaturas facendo click no seguinte enlace:

doc-firmas-plataforma-defensa-monterrei (1)

Co obxectivo de levar un seguimento das sinaturas, proponse avisar do uso do documento:

-no local de plataforma, enviando unha mensaxe privada ó perfil de Facebook https://www.facebook.com/defensa.docastelo ou ó correo electrónico plataformamonterrei@gmail.com

E despois de recoller as sinaturas pódense levar de novo ó local da plataforma, ubicado nas Galerías Galicia, en Verín, onde se ordenarán e numerarán.

Os documentos serán entregados no Parlamento de Galicia para unha iniciativa popular en contra do hotel, as sinaturas tamén valen para o Defensor do Pobo ou para o Parlamento Europeo.

14/03/14: Denuncia nos Xulgados de Verín, polos danos ó patrimonio que están ocasionando as obras no Castelo de Monterrei (facer click no seguinte enlace para descargar):   AL JUZGADO DE INSTRUCCIÓN DE VERÍN

14/03/14 Album de fotos adxunto á denuncia presentada (facer click no seguinte enlace para descargar):   DOCUMENTO Nº 4 fotos

13/03/14 Informe-contestación de Patrimonio á primeira denuncia que fixo a AC Alto Támega sobre desperfectos no Castelo de Monterrei.

Resposta informe á primeira denuncia

17/02/2014 Denuncia a Patrimonio (facer click no seguinte enlace para descargar):

17-02 denuncia patrimonio

12/02/2010 Publicación no Diario Oficial de Galicia

DOG cesiónperímetro bic

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s