Valedor do Pobo #MonterreiQuéixase

O Valedor do Pobo-Galicia

podedes ir a web  www.valedordopobo.com

ou ben seguir unha das opcións que da a páxina:

Envíe un fax a:  Valedor do Pobo  N. fax: 981 572 335

Envíe un correo electrónico a:   Valedor do Pobo  valedor@valedordopobo.com  rexistro@valedordopobo.com

Envíe una carta a: Valedor do Pobo  Rúa do Hórreo 65  15700 Santiago de Compostela

Puede dirigirse a la sede del Valedor do Pobo, donde será amablemente atendido.

C/ Hórreo, núm. 65  Santiago de Compostela  Horario de 9.00 h. a 14.00 h.

El documento debe incluir los siguientes datos:

Nombre, apellidos y DNI del reclamante. Dirección postal. El escrito deberá responder como mínimo a las siguientes preguntas:

¿Contra que órgano de la Administración de la Comunidad Autónoma, Concello, entidad o empresa pública desea presentar su queja? ¿Cuál es el motivo de su queja?

Puede completarlo (ya opcional) respondiendo a los siguientes interrogantes:

¿Hizo alguna reclamación o interpuso algún recurso contra la actuación descrita anteriormente? ¿Algún juzgado o tribunal dictó sentencia o tiene en trámite algún procedimiento contra la actuación a la que se refiere en la queja? Añadir cualquier otro dato que considere de interés para el estudio de su problema. * Los datos recogidos en nuestros ficheros informatizados, a partir de los facilitados por usted, son confidenciales e sólo podrán ser utilizados para la investigación de su petición y para el envío de información en relación con la misma.

Texto proposto por persoas que xa presentaron a súa queixa:

Contra que órgano da Administración da Comunidade Autónoma, Concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?

Xunta de Galicia

Cal é o motivo da súa queixa? Por favor, descríbaa coa maior precisión
         Como cidadán quero poñer en coñecemento desa institución, o que para min é unha violación directa da lei e un abuso de poder político.
          Despois de ter confirmado a Xunta de Galicia que o Castelo de Monterrei (Ourense) pasará a ser un Parador de turismo, cando o Estado o cedeu a dita institución gratuitamente, coa condición de que fose utilizado “para centro de divulgación, innovación y promoción de la moda. el vino y las aguas medicinales de la Comarca, restauración y musealización de los edificios y archivos de las tradiciones de la frontera y pueblos próximos” como así se indica na páxina 386 do DOG do Martes, 12 de Xaneiro do 2010, sinto que se está violando dito contrato por parte da Xunta de Galicia, xa que o uso hoteleiro non se contempla en ningún dos puntos anteriores e cambiar ese uso consideraríase inconcibible tratándose dun Ben de Interese Cultural (BIC). Porque ademais, o proxecto para a construción do hotel, que inexplicablemente xa foi presentado, e actualmente está exposto no Concello de Monterrei, non deixa espazo adecuado para ditos usos culturais.          Son varias as respostas que a cidadanía queremos obter

1. Como pode a Xunta presentar o proxecto do novo Parador cando a día de hoxe sería algo ilegal ao non terse dado o cambio de cesión? É posible que dean por feito o cambio sen terse producido este?

2. Como pode un Concello (o de Monterrei) aprobar a licenza para a construción do hotel cando o contrato de cesión feito polo Estado non contempla o uso hoteleiro?

3. Como poden usarse fondos europeos (FEDER) que subvencionarían o 80% da obra, que foron concedidos para a rehabilitación do Castelo exclusivamente (DOG do 28 de Maio de 2013, Anuncios: Resolución do 21 de Maio de 2013 por la que se anuncia la licitación para la contratación de las obras de rehabilitación del castillo de Monterrei cofinanciada por el programa operativo FEDER Galicia 2007-2013…), para construír un hotel sabendo que iso a día de hoxe sería ilegal?

4. E se, como agora di a Xunta non se usaron eses fondos para as obras, que pasa coas facturas pagadas, licitacións, adxudicacións e execucións de obras e servizos realizados…?

5. Cando se modificou e mediante que procedemento regulado, a elixibilidade de obras dentro do Plan operativo Galicia 2007-2013?

6. Como se fracciona unha obra (1a. Fase rehabilitación 1b. Proxecto complementario da fase de Rehabilitación para a construción de habitacións) que debería ser entendida como unha e única actuación?

7. Se é que se renunciaron a eses fondos FEDER por valor de 2.160.000€, como se pode xustificar esa renuncia nos tempos que vivimos, cando os nosos gobernantes nos piden sacrificios para poder saír da crise que atravesamos? E con que partida orzamentaria a Xunta vai a abonar eses custes? Porque iso implicaría consigo unha modificación dos orzamentos da Xunta.

8. Como é posible que a Xunta faga fronte a un pago desas dimensións para converter un Castelo que se cedeu ó Estado cunhas condicións determinadas, nun Parador turismo, tendo outro a 300m. que hai un ano estivo a piques de pechar por ser o máis deficitario do Estado e sobre o que pesa un ERE? Ademais de que nun futuro próximo ese establecemento pasaría a mans privadas xa que Paradores, por todos é sabido, que se vai xestionar baixo o modelo de franquías. Foi anunciado publicamente ademais, que o actual Parador sería xestionado por un operador privado, feito que corrobora o anterior.

           Por outra banda, a poboación non entende por que todo este procedemento se está levando con escurantismo, ocultación, incerteza… E o que é máis grave, sen escoitar a opinión da cidadanía, sen responder todas estas preguntas cando se están usando os nosos cartos para levar a cabo un proxecto sobre o noso patrimonio cultural, que a maioría da poboación non quere e que xa llo fixo chegar en múltiples ocasións dende a Plataforma Cidadá pola Defensa do Castelo, que se creou con este fin para defender o uso público e cultural do Castelo de Monterrei, facéndose oír nos medios de comunicación galegos e estatais e recollendo máis de 7000 sinaturas en menos de dous meses.

          Ademais disto, presentáronse sendas denuncias en Patrimonio e nos Xulgados de Verín, polos danos na fortaleza durante as obras de rehabilitación, cun dossier de fotografías, e un informe da técnica do Concello de Monterrei que corrobora as denuncias presentadas.
Para ampliar a información desta situación, hai mais documentación dispoñible no blogue da Plataforma: https://castelodemonterrei.wordpress.com así como na páxina de Facebook da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei

           Finalmente, despídome non sen agradecerlle de antemán a súa atención e esperando que sexa sensible ante esta problemática de gran importancia non só para a Comarca senón tamén para multitude de persoas solidarizadas con dita causa e que queren que se respecte a cesión inicial que só contemplaba o uso cultural do Castelo.

 

Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?
Non, acudo a vostede para ver se pode actuar de oficio
Algún xulgado ou tribunal ditou sentencia ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?

Si, está admitida a trámite e abertas dilixencias por unha denuncia interposta ante o Xulgado de Instrucción nº 1 de Verín, polos danos ocasionados ó castelo durante as obras de Rehabilitación.

 

Anuncios

2 respuestas a Valedor do Pobo #MonterreiQuéixase

  1. Marisol Álvarez Diéguez dijo:

    Como miembro de la Plataforma Ciudadada en Defensa del Castillo de Monterrei, solicito que “El Defensor do Pobo de Galicia” de oficio se interese por la situación en la que se encuentra el Castillo de Monterrei, con respecto a q la Xunta de Galicia quiere destinar Fondos Feder para convertir su rehabilitación en un Parador de Turismo, que a su vez la red de Paradores se franquiciará a través de entidades privadas. En difinitiva, la Xunta de Galicia convertirá un Bien de Interés Cultural (BIC) rehabilitado con dinero público (subvención Unión Europea y otros) en un hotel de lujo para ser explotado de forma privada.
    Ruego se interese por toda la información y documentación de la que ponemos a su disposición en la página de facebook de la Plataforma.
    Muchas Gracias por su Atención!!

    Atentamente,

    Marisol Álvarez

  2. Jennifer Gonzalez Salgado dijo:

    Como miembro de la plataforma ciudadana del castillo de Monterrei,solicito que “el defensor do pobo de Galicia” de oficio de interese por la situación en la que se encuentra el Castillo de Monterrei con respecto a que la xunta de Galicia quiere destinar Fondos Ceder para convertir su rehabilitación en un Parador de Turismo, que a su vez la red de paradores se franquiciara a través de entidades privadas. En definitiva la Xunta de Galicia convertira un bien de interés cultural rehabilitado con dinero publico en un hotel de lujo para ser explotado de forma privada.Ruego que se interese por toda la información y documentación de la que le ponemos a disposición en la pagina de facebook de la Plataforma.
    Muchas gracias por su atención!!
    Atentamente
    Jennifer Gonzalez Salgado

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s