Prensa e comunicación

· Nota de prensa enviada ós medios o día 15/10/2014

Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei acusa á Xunta de desprezar a opinión do Consello da Cultura Galega e de seguir sen aportar datos obxectivos que xustifiquen o ‘capricho’ do hotel

Pide tamén a dimisión dos responsables políticos

A resposta da Axencia de Turismo de Galicia ao informe emitido polo Consello da Cultura Galega, que rexeitaba o uso hostaleiro para o Castelo amosa un total desprezo pola opinión dos expertos que, recordémolo, forman parte dun órgano oficial, asesor da Xunta en cuestións culturais. O Informe está asinado, entre outros, polo coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, o arquitecto Iago Seara, Director Xeral de Patrimonio Histórico entre 1983 e 1993.

Na nota de prensa da Axencia de Turismo non hai ningunha referencia directa ás conclusións do Informe, nin declaración de Conxunto Histórico, nin revisión do uso hoteleiro, nin plan de viabilidade para o actual Parador, nin Plan Director para o Castelo, nin búsqueda do consenso. Cunha falta de respecto absoluta, inadmisible nunha Administración pública, óbvianse as propostas e reflexións do Consello da Cultura, e limítanse a formular as consignas de sempre.

Seguro que pensan que ‘unha mentira repetida moitas veces se converte en verdade’. Pero non:

Segue sendo mentira que un hotel poida dinamizar a economía da Comarca (onde está o plan de viabilidade económica?).

Segue a ser mentira que a única forma de protexer o monumento sexa construír un hotel (había Fondos FEDER para rehabilitalo, por que se desbotaron? e o Plan Director?).

Segue a ser mentira, e das gordas, que a única forma de conservar os postos de traballo no Parador sexa trasladándoo ao Castelo (lonxe disto, esa é a maneira na que antes se perderán. Se veñen turistas é polo Castelo, e este perderá atractivo ao facer o hotel. Coiadar e promocionar o Castelo é a maneira de manter e crear novos postos de traballo).

Tampouco é verdade que non haxa diñeiro para o Parador e o Castelo á vez (diñeiro haino, pero para o que a eles lle interesa, non para o interese xeral; por exemplo, para facer cos cartos de todos e todas un hotel para ricos. E, por outra banda, que vai pasar co Parador vello? regálase? abandónase? Vaia forma de aproveitar os recursos públicos!!!).

E continúa sendo unha enorme mentira, un insulto a nosa intelixencia, que o 83% do Castelo vaia ser visitable (os edificios máis senlleiros estarán ocupados polas dependencias do hotel, e eles nunha burda trampa toman como referencia todo o recinto).

E faltan a verdade cando din que non hai alternativas ao hotel no Castelo (e os balnearios abandonados?; e que pasou co proxecto anunciado no 2012 de hotel nas ruínas do balneario de Caldeliñas?).

É falso que as obras respecten o edificio (temos documentado e denunciado no xulgado os estragos cometidos sen que a Dirección Xeral de Patrimonio faga ren, traballa para a Xunta, non para os galegos).

E por último, outra trola máis cando se di que o feito de que haxa outros paradores en castelos avala o hotel de Monterrei (son moitos máis ca ridícula cifra de 16 os castelos cun uso público e cultural, e as características e contexto de cada un é específica, pero hai algo no que Monterrei se diferenza de todos eles: ten xa un Parador no mesmo recinto).

Estamos diante dun verdadeiro disparate, dun desastre patrimonial de gran trascendencia que privará á cidadanía da mellor fortaleza de Galicia. Xa non teremos un monumento público, un recinto defensivo onde aprender e gozar, senón un hotel, un vulgar hotel como outros miles. Perderase todo o seu encanto, o ‘ambiente’ citado no Informe, sen que a alternativa supoña un beneficio social. E todo isto por que? Por que se cambian os usos do Castelo sen publicidade e dun día para outro? por que se dan licenzas e comezan as obras sen cambiar as condicións da cesión? por que non se tivo, nin ten, en conta a opinión dos expertos e da cidadanía? Que agocha toda esta premura e secretismo antidemocráticos?

Estamos ante un auténtico espolio á cidadanía, polo que esiximos a dimisión dos responsables políticos que por acción ou omisión, son autores deste atentado contra o ben común: o Presidente da Xunta, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, e os alcaldes de Monterrei e Verín, cómplices do proceso de desvalorización do elemento patrimonial máis valioso da comarca.

Aínda que sabemos que ‘rectificar é de sabios’ rematamos pedíndolle de novo ás autoridades un cambio na súa postura intransixente, e que atendan aos consellos das persoas máis preparadas en materia patrimonial. Nós ofrecémonos para o diálogo, propóndolle á Axencia de Turismo a realización dun debate público onde os galegos e galegas poidan coñecer e valorar as razóns duns e doutros. Ata o de agora seguimos sen coñecer as verdadeiras razóns da ocorrencia que pon en perigo o uso público dun dos lugares históricos máis importantes de Galicia.

· Nota de prensa enviada ós medios o día 10/06/2014

Descargar facendo click no seguinte enlace: nota prensa reunion plataforma con grupos no parlamento

 

· Nota de prensa enviada ós medios o día 17/03/2014

Descargar facendo click no seguinte enlace: NotadePrensa_1_17-03-14

La «Plataforma cidadá en defensa do Castelo de Monterrei»  reúne más de       dos mil firmas contra el hotel

Los vecinos han organizado grupos de trabajo contra el proyecto de la Xunta y organizarán charlas, romerías, buzoneo y puestos en la feria para informar

Verín, 17 de marzo del 2014. La plataforma en defensa del castillo de Monterrei ha recogido más de 2.000 firmas a través de su petición formulada en el portal Change.org contra el proyecto de la Xunta de Galicia de construir un hotel en la fortaleza. Los integrantes se han reunido este fin de semana para organizarse con el objetivo de informar a todos los vecinos y recoger más firmas de forma física en la comarca.
La plataforma espera organizar en las próximas semanas caminatas, romerías, buzoneo y un puesto los días de feria para extender a los vecinos su postura favorable a la rehabilitación pero contraria a la privatización que supondría dedicar el castillo a uso hotelero, lo que queda reflejado también en el blog puesto en marcha. El objetivo a medio plazo es realizar una manifestación en la comarca que deje claro ante los ayuntamientos de Verín y Monterrei y ante Turgalicia la clara oposición que existe por el proyecto de hotel para el castillo, para el que piden una alternativa.
Los argumentos que exime la plataforma son claros: Verín cuenta con más de 650 plazas hoteleras (según la página web Concello de Verín) cuyos resultados hasta ahora han sido insatisfactorios. El actual parador ha tenido que cerrar cuatro meses al año para hacer frente a la bajada en la demanda actual. La falta de éxito de las 23 habitaciones de las instalaciones actuales hacen albergar dudas sobre las posibilidades de futuro de las doce proyectadas en el castillo, sobre todo si se cumplen las previsiones del gobierno de que el parador continúe como hotel pero en manos privadas. Entonces el castillo tendría competencia directa y privada a 500 metros en un ayuntamiento que no llega a los 15.000 habitantes según datos del IGE del 2013.
La diferencia de habitaciones también hace dudar sobre las posibilidades de mantenimiento de empleo a las que aludió el presidente de la Xunta de Galicia durante la presentación del proyecto, ya que el Parador actual tenía 23 trabajadores para 23 habitaciones antes del cierre y el hotel proyectado tendría la mitad de las habitaciones.
Los vecinos que integran la plataforma, que no está vinculado a ningún partido político, recaudan también fondos a través de una cuenta para sufragar los gastos de cartelería y pegatinas para difundir la situación del castillo de Monterrei. (IBAN: ES03 2100 4148 2322 0011 7298) Además, también está abiertos a recibir el apoyo de nuevos colaboradores interesados en defender el patrimonio de Galicia.
La plataforma en Defensa de Monterrei ha querido también poner de relevancia la situación actual que atraviesa Paradores, que se haría cargo supuestamente del hotel proyectado en el castillo. Según las declaraciones de la secretaria de Estado de Turismo Isabel Borrego en la Comisión de Industria del Congreso de los Diputados, la cadena hotelera registrará pérdidas en el 2014 por valor de ocho millones de euros, según figura en el Proyecto de Presupuestos Generales del Estado presentado por el Gobierno y recogido por diversos medios de comunicación.
Las obras que se realizan en el castillo ya han generado una denuncia ante los juzgados por los desperfectos que la maquinaria y el tratamiento de los restos están ocasionando al conjunto, declarado Bien de Interés Cultural.

Tamén se lle enviou á prensa e medios de comunicación o documento que se utilizará para informar á poboación dende a plataforma, que xa se publicou neste medio o 12/03/2014.

Deja un comentario