Colaborar coa plataforma

Si queredes colaborar coa Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei podedes facelo de varias formas: PDCM

Económicamente

A conta está avalada pola Asociación Cultural Monterrei , Cultura e Territorio, con entidade xurídica.

Caixabank ES71 2100 4148 2721 0044 9154

Cada pequena aportación suma para poder manter os gastos derivados das accions.

Asociándovos á Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio. 12088595_1653592534924384_5409133771955598362_n

O obxectivo principal será o de investigar, promover, divulgar, apoiar e defender calquera aspecto cultural, patrimonial, científico, artístico ou natural que fundamentalmente afecte ou interese á comarca de Monterrei (Ourense), ao seu desenvolvemento e promoción, e calquera outro que incida na mellora da calidade de vida dos seus habitantes.

*Os obxectivos e reivindiacións da Plataforma pola Defensa do Castelo de Monterrei terán cabida na asociación xa que haberá unha sección de traballo adicada a esto e, polo tanto, a asociación daralle cobertura legal e xurídica á mesma.

 

As persoas que desexen asociarse e axudar á asociación a que leve a cabo os seus obxectivos, así como obter vantaxes como socios nas actividades que se organicen, poden facer aportacións voluntarias ou ingresar a cuota anual da Asociación, de 15 euros, poñendo algún dos dous conceptos, no nº de conta:
Caixabank ES71 2100 4148 2721 0044 9154

Participando nas diferentes accións

Son accions programadas pola Plataforma e acordadas democráticamente nos encontros presenciais. Informaremos destas accións no grupo de Facebook (preme aquí para velo) e neste mismo blog, no apartado Inicio. Podes participar nas diferentes campañas como a campaña de fotos  Eu non quero hotel no castelo na que centos de persoas xa fixeron a foto coa mensaxe «non quero hotel no castelo» ou a campaña #MonterreiQuéixase coa que presentaremos queixas e preguntas ó valedor do pobo, defensor del pueblo e defensor del pueblo europeo.

cropped-monterreiqueixase1.jpg

Informando

Fala, explica, comparte información, non estamos vinculados como plataforma a ningún grupo político, somos un grupo de cidadáns e cidadás, que temos en común o seguinte:

NON QUEREMOS UN HOTEL NO CASTELO:

1.- Porque o castelo é ó maior simbolo cultural e patrimonial da comarca, unha herdanza común para o seu disfrute público e o acceso á cultura de tódolos cidadáns

2.- Porque xa existe un excelente Parador de Turismo a menos de 500 m. do castelo, que cumple as expectativas de aloxamento da zona, e que está pechado varios meses ó ano por falta de clientes.

3.- Porque o castelo é un Monumento Nacional con categoría de BIC, pertencente ó Estado e cedido á Xunta de Galicia, cunhas condicións de uso culturais, nas que non se permite o uso hoteleiro.

Recorda que si necesitas máis información podes consultar na plataforma, ou neste mismo blog, no apartado documentación. 

4 respuestas a Colaborar coa plataforma

  1. Manuel Salgado dijo:

    Esta moi benn»’ pero como Verines penso-¿¿ non e millor facer tamen un ha proposta mais racional,respetuosa e a sua vez beneficiosa económica e social para o pobo e a xente do val de »MONTERREY»’.e hora de pensar todos e digo todos en que debe de ser o futuro do noso emblema e a imaxe da nos a cultura como e o castelo,,,,de monterrey»non a un hotel»’pareceme moi correcto»’…..pero si a cultura ,a escuelas ,o turismo’,a un museo »’hai moitas alternativas»’pero creo que e hora de que se faga algo»»cuantos momentos vivimos todos mesa montaña que tanto nos une………mil bicos Manuel Salgado»’

  2. nievesamado dijo:

    Manuel, estamos construindo esa alternativa que dis, pero tampouco queremos partir de cero, arrasar con todas as ideas anteriores como fan os gobernos. Estamos reunindo toda a documentación anterior sobre planes directores para sintetizar a nosa, engadindo o que nos parece mais apropiado para o castelo. Estamos traballando co CSIC, con profesionais de prestixio e en breve presentaremos esa alternativa. Grazas

  3. Anxo Manuel López López dijo:

    Cheguei a Verín no ano 1981, desde então vivo em Verín. Desde o principio chamou-me a atenção o estado de abandono da principal fortaleza medieval de Galiza. Senti arrepio cada vez que visitava o Castelo e veia como as casas do conjunto iam caindo uma atrás doutra cada ano. Pasmado assistim a ver como faziam e desfaziam muros de tijolo no Paço dos Condes. Como votei de menos uma plataforma a favor do Castelo durante todo esse tempo!

  4. leonides salgado dijo:

    non vexo ven a reforma de momtrrei estou e apollo en todo os verinenses xa que aunque vivo fora son de verin ,o castelo e una coisa antiga que todo o forasteiro visita con orgullo e cando levamos xente amigos de fora o primeiro k enseñamos e o noso castelo polo tanto como nos van a privar dua cousa que nos e de ningun particular si non de o axuntamento de monterrei desde aqui unome a todos os verinenses a seguir mantendo o noso castelo como visita turistica e nos como algo privado viva monterrei e que non no lo quiten e de todos nos una gerundense de verin una perta muy forte verin monterrei estou con vos

Deja un comentario